Tarifa de recepción de desperdicios xerados por buques (TR) (Art. 132)

A Autoridade Portuaria cobrará unha tarifa fixa a cada buque en cada escala no Porto independentemente de se fai ou non uso do servizo. Dita tarifa dá dereito a descargar por medios de recollida terrestre na zona I do Porto os refugallos dos Anexos I e V; se se recolle en zona II ou vía marítima incrementarase nun 25%.

  • Contía: Cuota = A + B
    • A = Cota = Coeficiente * R1
    • R1 = 80,00 €, salvo para os buques de pasaxe que será 75,00 €.

Coeficiente

TAMAÑO BUQUE G.T. COEFICIENTE
0 - 2.500 1,50
2.501 - 25.000 6 * 10-4 * GT
25.001 - 100.000 1,2 * 10-4 * GT + 12
> 100.000 24

 

O pago da tarifa fixa é obrigatoria para todos os buques en cada escala cun máximo dunha vez cada 7 días.

B: Trala entrada en vigor da Lei 3/2017, de 27 de xuño de 2017, de Presupostos Xerais do Estado para o ano 2017, no caso dos buques de pasaxe, tales como ferris, ropax e curreiros, á anterior tarifa adicionarase a resultante do producto da contía básica (R2) polo número de persoas a bordo do buque que figura no DUE, a cuio efecto computarán tanto os pasaxeiros como a tripulación.

  • B: Cuota = número de persoas a bordo * R2
    • R2 = 0,25 €

Condicións de aplicación de bonificacións e exencións

Con obxecto de clarificar a entrega de diversa documentación para que se poidan aplicar as bonificacións e exencións indicadas no RDL 2/2011 indícanse a continuación, para cada unha delas, os formatos e prazos para a súa aplicación.

 

Bonificaciones

  1. Á tarifa fixa de recepción de desperdicios xerados por buques (Art. 132.10 letras a, b e c RDL 2/2011)
    1. Cando o buque dispoá dun certificado da Administración Marítima na que faga constar que, pola xestión medioambiental do buque, polo seu deseño, equipos dispoñibles ou condicións de explotación, se xeran cantidades reducidas dos desperdicios correspondentes: 20 por cento. No caso dos buques de pasaxe, o certificado distinguirá entre os desperdicios do anexo I e do anexo V, aplicándose a bonificación á parte da tarifa fixa asociada á contía básica R1 (anexo I) e/ou R2 (anexo V) respectivamente en función dos certificados obtidos.
    2. Cando o buque que nunha escala non efectúe descarga dos desperdicios do anexo I acredite ante a Autoridade Portuaria, mediante un certificado expedido pola Administración Marítima, a entrega dos desperdicios de dito anexo, así como o pago das tarifas correspondentes, no último porto onde efectuara escala, sempre que se garantice a recollida de tódolos desperdicios deste tipo en dito porto, que non se superara a capacidade de almacenamento do mesmo dende a escala anterior e que tampouco se vaia a superar ata próxima escala: 50 por cento. No caso dos buques de pasaxe, esta bonificación aplicarase unicamente á parte da tarifa fixa asociada á contía básica R1.
    3. Os buques que operen en tráfico regular con escalas frecuentes e regulares, particularmente os dedicados a liñas de transporte marítimo de curta distancia, cando ante a Autoridadee Portuaria se acredite, mediante certificado expedido pola Administración Marítima, a existencia dun plan que asegure a entrega de desperdicios xerados polos buques dos anexos I e V, así como o pago das tarifas correspondentes en algún dos portos situados na ruta do buque, e que garantice a recollida de tódolos desperdicios cando o buque faga escala en dito porto de forma que en ningunha das súas viaxes se supere a capacidade de almacenamento de cada tipo de desperdicio: 100 x [1-(0,30/(n-1))] por cento, sendo n o número medio de portos diferentes nos que a liña marítima fai escala por cada periodo de 7 días e sempre que n sexa igual ou maior que 2. En todo caso, os buques mencionados pagarán a tarifa que lles corresponda, en cada porto que escalen, como máximo unha vez cada 7 días, correspondendo o importe total da tarifa fixa den facerse descarga nese periodo. No caso dos buques de pasaxe, o certificado distinguirá a existencia dun plan correspondente aos desperdicios do anexo I e do anexo V, aplicándose a bonificación á parte da tarifa fixa asociada á contía básica R1 (anexo I) e/ou R2 (anexo V), respectivamente, nos portos nos que non se produza a descarga do desperdicio correspondente. No suposto c), cando o buque posea un plan que unicamente asegure a entrega de desperdicios sólidos do anexo V do Convenio MARPOL 73/78, a bonificación será a terceira parte da que lle corresponde de acordo co disposto en dito suposto. Se o buque é de pasaxe, a bonificación aplicarase sobre a terceira parte da tarifa fixa que corresponde á contía básica R1 e sobr ocen por cen da tarifa fixa que corresponde á contía básica R2. No caso de que o buque posea un plan que solo asegure a entrega de desperdicios líquidos do anexo I, a bonificación será das dúas terceiras partes. Se o buque é de pasaxe, a bonificación aplicarase sobre as dúas terceiras partes da tarifa fixa que corresponde á contía básica R1, sen que se aplique bonificación sobre a parte da tarifa fixa que corresponde á contía básica R2.

A aplicación efectiva destas bonificacións, dado o seu carácter rogado de acordo coa normativa vixente de aplicación, require a iniciativa do interesado para a súa posta en coñecemento da Autoridade Portuaria e acreditar ante a mesma a documentación correspondente e vixente no momento da solicitude que poida dar lugar, no seu caso, á aplicación da bonificación.

Para elo, será requisito indispensable presentar a declaración responsable de solicitudr de aplicación no formato vixente e que se atopa na área de descargas da web da APAC, acompañando a mesma da documentación vixente en cada caso, e necesaria, segundo a bonificación que se solicite e que se detalla en cada un dos apartados do formulario de declaración responsable.

Para a súa consideración será imprescindible que tanto a solicitude mediante formulario de DECLARACIÓN RESPONSABLE, como a documentación VIXENTE acreditativa en cada caso, sexa presentada no rexistro da APAC en data anterior á entrada do buque en porto, e sempre en todo caso antes dla finalización de operacións.

A data de solicitude debe ser, por tanto, previa ao inicio de operacións, ou en todo caso a do primeiro día do buque en porto.

A presentación de solicitude con posterioridade á finalización das operacións supón a imposibilidade de aplicar a mencionada bonificación solicitada. Indicar que a documentación acreditativa que se presente deberá acreditar a súa vixencia, na data de entrada do buque ao porto. Se a documentación entregada non está vixente a esa data, ou non se actualizaou a mesma, igualmente imposibilitará a aplicación da bonificación solicitada, ao non poder efectuarse resolución positiva, no primeiro caso por see a solicitude extemporánea á operación e escala concreta para a que se solicita, e no segundo caso, por non acreditarse a vixencia da documentación que daría lugará mesma, no momento da entrada do buque no porto.

Exencións (págase directamente ao prestador se emprega o servizo)

  • Exención do pago da tarifa fixa de recepción de desperdicios xerados polos buques (Art. 132.11.b RDL 2/2011).
    • As embarcacións que formen parte dun servizo portuario, estarán exentas do pago da tarifa fixa de recepción de desperdicios xerados, sempre que se acredite ante a Autoridade Portuaria, mediante certificado expedido pola Administración marítima, a existencia dun plan que asegure a entrega periódica de desperdicios e residuos xerados polo buque, aceptado por uun dos prestadores do servizo, debéndose xustificar trimestralmente as entregas realizadas.
    • Buques de guerra e outros de propiedade estatal da UE ou que estando ao seu servizo realicen servizos gubernamentales non comerciais.
    • Buques da Autoridade Portuaria ou asociado ás súas obras, embarcacións de Admón. públicas con base no porto, servizos portuarios sempre que acrediten con certificado da Administración Marítima a entrega periódica con xustificación trimestral.
    • Buques de pesca fresca a Autoridade Portuaria deberá suscribir un convenio coas cofradías (asociacións) aceptado por un dos prestadores debendo xustificar trimestralmente as entregas realizadas.
    • Embarcacións deportivas autorizadas <12 pasajeros a Autoridade Portuaria deberá suscribir convenio coas Dársenas deportivas para asegurar a recollida de residuos debendo xustificar trimestralmente as entregas.
    • Os buques que fondeen.
    • Os buques inactivos e en construcción a flote, gran reparación, transformación ou desguace.

Non se considerarán os plans con Portos extracomunitarios que non figuren nos listados de I.R.O.M.I.

Documentación so dispoñible en castelán.