POLÍTICA DE PRIVACIDADE

1. Responsable do Tratamento

O Responsable do Tratamento correspóndese co titular do sitio web, cuxos datos completos son: Autoridade Portuaria da Coruña, con CIF Q-1567003-G e enderezo na rúa Avenida da Mariña 3, 15001 A Coruña (no sucesivo, e na información en materia de protección de datos do sitio web, «Autoridade Portuaria da Coruña»).

1​​.1 Datos tratados: Para dar cumprimento aos tratamentos listados na presente Política de Privacidade, o usuario deberá facilitar datos de carácter identificador e/ou de contacto.

 

1.2 Finalidades: As finalidades serán as seguintes:
        1. Contacto: Efectiva contestación ás cuestións propostas a través do formulario disposto a tal efecto.
        2. Rexistro: Xestión da alta de usuario nos servizos ofrecidos a través da páxina web.

1.3 Conservación. Os prazos de conservación serán os seguintes:
        1. Contacto: Os datos serán conservados mentres sexan necesarios para resolver a consulta realizada polo usuario.
        2. Rexistro: A información achegada durante o rexistro será conservada mentres o usuario conserve a súa condición.

2. Lexitimación do tratamento

A base legal para o tratamento dos datos facilitados nos tratamentos de Contacto e Rexistro de Usuarios é o consentimento outorgado polo usuario para o tratamento dos seus datos persoais para un ou varios fins específicos. O consentimento será sempre revogable e poderá retirarse en calquera momento.
3. Destinatarios e cesións

Autoridade Portuaria da Coruña pode apoiarse en diversos provedores para a prestación de servizos cos que sempre terá asinado un contrato de confidencialidade ou de encargo do tratamento.
Non se producirán cesións de datos a terceiros agás no caso de que exista unha obriga legal.

5. Exercicio de dereitos

Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se se está a proceder ao tratamento de datos persoais que lles apliquen, ou non. As persoas interesadas teñen dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa no sexan necesarios para os fins para os que se recolleron.

En determinadas circunstancias, os interesados poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos ou opoñerse ao tratamento dos mesmos, en cuxo caso unicamente os conservaremos para o exercicio ou a defensa de reclamacións.

Para iso, os usuarios poderán dirixir unha comunicación por escrito ao Delegado de Protección de Datos en Avenida da Mariña 3, 15001 A Coruña ou ao enderezo de correo electrónico dpd@puertocoruna.com incluíndo en ámbolos dous casos unha fotocopia do documento nacional de identidade ou documentación acreditativa equivalente.

Aqueles usuarios que o desexen poden presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos, accesible desde https://sedeagpd.gob.es.