Muelles abertos ó público
Peirao de Calvo Sotelo
Está aberto á cidadanía todos os días, de 8:00 a 18:00 horas. Accédese pola praza de Ourense. No seu interior destaca o mareógrafo, propiedade do Instituto Xeográfico Nacional, a antiga rampla ro-ro e un guindastre histórico que doou á cidade a empresa Pérez Torres Marítima. Tamén antigos almacéns e silos de cemento. No caso de escala dun cruceiro ou doutro buque con protección, o acceso ao peirao poderá pecharse de forma puntual.