Rendición de cuentas
Dentro dos criterios de gobernanza estabelecidos pola Comisión e o Parlamento Europeo para a medida da sostibilidade dunha organización está, xunto á transparencia , a participación e a colaboración, a rendición de contas.
A Coruña foi o primeiro porto europeo en publicar, 2007, nunha memoria de sostibilidade que cumpliu, trala súa verificación por Det Norske Veritas BA, cos requisitos do nivel de aplicación A+ da Global Reporting Initiative (GRI). Desde entón, a Autoridade Portuaria da Coruña publicou ininterrumpidamente as súas Memorias de Sostibilidade segundo os principios de GRI ata 2016 e, a partir dese ano, segundo os criterios da «Guía para a elaboración de memorias de sostibilidade das Autoridades Portuarias» publicada en 2017 por Portos do Estado.
As memorias de sostibilidade complementan, desde as dimensións social, ambiental e económica, as memorias corporativas do Porto da Coruña e conforman, xunto as Contas anuais da entidade, informadas pola Intervención Xeral da Administración do Estado, unha rendición de contas de periodicidade anual que describe polo miúdo todos os aspectos relevantes da actividade da Autoridade Portuaria.