
Plans interiores marítimos
Plan de continxencias ante un suceso de contaminación mariña que se produza dentro do porto
O Plan Interior Marítimo da Autoridade Portuaria da Coruña é o instrumento xurídico e técnico polo que se regulan os procedementos de organización e actuación das administracións públicas e entidades públicas e privadas, comprensivo da estructuración, disposición de medios persoais e materiais e a dirección e seguimento das operacións ante un suceso de contaminación mariña que tivese lugar na súa zona I ou interior das augas portuarias (véxase imaxe).
O Plan Interior Marítimo do porto, xunto co Plan Marítimo Nacional, cuxo ámbito de actuación son as augas interiores marítimas, o mar territorial, a zona contigua e a zona económica exclusiva, conforma o Subsistema Marítimo vinculado ao porto da Coruña, do Sistema Nacional de Resposta ante a contaminación mariña.
Ademais, as instalacións de manipulación e transporte de mercadorías do porto, as instalacións de almacenamento e distribución de produtos químicos e petroquímicos, as instalacións para o abastecemento de combustibles a buques e os estaleiros e instalacións de reparación naval situadas na zona de servizo deberán contar cun plan interior marítimo, que é tido en conta pola Autoridade Portuaria para a elaboración do Plan Interior Marítimo do porto da Coruña.
A activación do Plan pode ter como orixe una das seguintes situacións:
- A identificación do vertido por cualquera persoa ou usuario do puerto, que o notifica o CCE.
- Aviso de emerxencia ao CCE desde unha instalación ou actividade afectada.
- Aviso de emerxencia ao CCE desde Capitanía Marítima ou SASEMAR.
Na actualidade, o Plan Interior Marítimo do porto da Coruña conta co seguimiente equipamento en propiedade:
Medios de situación
- 1 barrera RO-CLEAN DESMI, modelo TROILBOOM GP 750 de 250 m, con 25 cm de francobordo e 50 cm de faldón montada en carretel. Muelle de Levante (P. Exterior- P. Langosteira).
1 barrera RO-CLEAN DESMI, modelo TROILBOOM GP 750 de 250 m, con 25 cm de francobordo e 50 cm de faldón, montada en carretel. Muelle de San Diego.
1 barrera RO-CLEAN DESMI, modelo TROIL BOOM GP1100 de 300 m, con 45 cm de francobordo e 75 cm de faldón, montada en carretel. Muelle de Transatlánticos.
4 unidades de potencia hidráulica de 3,1 kw monocilíndrico, diesel, arranque manual. Almacén (Oza).
1 skimmer de discos oleofílicos con capacidade de recuperación de hasta 6 m3/hora de hidrocarburo ou derivado. Almacén (Oza).
3 contenedores con equipos absorbentes e chorizos cilíndricos absorbentes e tres equipamientos de emergencia, con capacidade de absorción de 900 l e equipos elementais básicos de protección persoal. Almacén (Oza).
Material de reserva constituido por chorizos absorbentes de polipropileno, oleofílicos e hidrofóbilos, ademáis de sacos con absorbentes granulados. Almacén (Oza).
Predicción de vertidos
Na pestaña de modelización da calidade da agua do Cadro de Mando Ambiental pódense observar as trayectorias probables das manchas de hidrocarburos producidos nos puntos de vertido.



