Faro de Cabo Vilán
Historia
O primeiro Faro que existiu neste cabo, en plena Costa da Morte, foi construído no ano 1854 e nada máis inagurarse, comprobouse que a súa altura non era capaz de salvar a roca máis saínte do cabo, o que producía unha perigosa zona de escuridade, en 1860 propúxose construír un novo Faro no emprazamento actual. En 1885 aprobouse o proxecto de construción dun Faro de 1º orde que sería o primeiro Faro eléctrico de España. Acendeuse por primeira vez en 1896. Nos seus inicios a luz do Faro producíase por medio dun arco eléctrico entre dous eléctrodos de carbón. Dous sistemas, un en foco e outro en reserva situado no ángulo de terra, intercambiábanse cada 15 minutos pola excesiva incandescencia que chegaba a alcanzar.A óptica xiratoria ofrecía unha aparencia de grupos de dous escintileos cada 20 segundos. En 1924 , a lámpada de arco foi remprazada por outra de incandescencia. En 1922 instalouse o primeiro radiofaro. En 1962 empezaron os traballos de instalación dunha sirena e dunha nova óptica e lanterna aeromaritima que son as que actualmente se encontran en servizo, cunha aparencia de dous escintileos cada 15``. Accédese ao Faro desde a vila de Camariñas a 100 km da Coruña e 90 de Santiago.
| ESPECIFICACIÓNS FARO DE CABO FISTERRA | |
|---|---|
| Nº nacional de faro/baliza | 03800 |
| Nº internacional de faro/baliza | D-1736 |
| Ubicación | Latitude 043 9,700 N Lonxitude 009 12,600 W |
| Descripción | Torre octogonal de cantería cúpula gris. |
| Altura do plano focal en metros | 25 |
| Altura do soporte en metros | 104 |
| Cor | Branco |
| Características | GpD(2) 15s. L0,5 Oc3,5 L0,5 Oc10,5 |
| Alcance en millas | 28 |