Faro de Cabo Touriñán
Historia
É o punto máis occidental de Galicia e de España peninsular. Está situado no municipio de Muxia, na Coruña. O cabo é unha pequena península que penetra no mar preto de 1 km, tendo na súa parte máis estreita un istmo de 150 metros de ancho, entre os coídos de Balal e de Cuño. A súa altitude máxima é de 93 metros sobre o nivel do mar. A estrutura xeolóxica é granítica. A erosión da roca propiciou á formación de depósitos de cantos rodados, coñecidos como coídos e formacións de penedías que forman barras pétreas que a marea cobre ou deixa ao descuberto, formándose algún illote como o denominado A Ínsua, no lado oeste do cabo. A punta occidental do cabo, denominada Os Buxeirados, ofrece unha serie de penas que penetran no mar uns 300 ou 400 metros, coñecidas como A Laxe de Buxeirados ou Baixos de Buxeirados, perigosa para a navegación, onde se teñen rexistrados algúns graves naufraxios de que hai constatación documental. Debido á súa agreste paisaxe, a vexetación está basicamente formada por retamo espiñento ou toxo Ulex europaeus. Na parta norte sitúase un Faro, e edificacións complementares, inaugurado o 15 de decembro de 1898.
ESPECIFICACIÓNS FARO DE CABO TOURIÑÁN | |
---|---|
Nº nacional de faro/baliza | 03880 |
Nº internacional de faro/baliza | D-1740 |
Ubicación | Latitude 043 3,200 N Lonxitude 009 17,900 W |
Descripción | Torre cilíndrica branca. |
Altura do plano focal en metros | 14 |
Altura do soporte en metros | 65 |
Cor | Branco |
Características | GpD(2+1) 15s. L0,2 Oc2,2 L0,2 Oc6,1 L0,2 Oc6,1 Racon(T) a 1,7 M al SE |
Alcance en millas | 24 |