Análisis del ciclo de vida
Análise do ciclo de vida
Entendéndose por ciclo de vida dun ben ou servizo (ISO 14040:2006 -principios e marco de referencia-, ISO 14044:2006 -requisitos e directrices-) ás etapas consecutivas e relacionadas dun sistema do ben ou servizo (é dicir, todo o que está implicado en ofrecer a función do ben ou servizo, desde a extracción das materias primas ata a súa disposición final), a análise do ciclo de vida (ACV) do ben ou servizo é a “recollida e avaliación das entradas, saídas e impactos ambientais potenciais dun sistema do ben ou servizo ao longo do seu ciclo de vida”.
Declaración ambiental de Produto (DAP)
De acordo coa norma ISO 14025:2010 (Etiquetas e declaracións ambientais – Declaracións ambientais tipo III – Principios e procedementos), a DAP é un informe estandarizado e verificado sobre o impacto ambiental dun produto, baseado na técnica de ACV. Require verificación por parte de terceiros e unha transparencia absoluta (datos públicos), e emprega Regras de Categoría de Produto (RCPs) para asegurar a comparanza entre produtos similares.
Regras básicas de categoría de produto para produtos da construción
UNE-EN 15804:2012+A1:2014 Sustentabilidade na construción. Declaracións ambientais de produto.
O seu obxectivo é establecer as RCPs básicas para as declaracións ambientais tipo III de calquera produto ou servizo da construción.
ACV do peirao A2-A3
A partir deste conxunto normativo, a Autoridade Portuaria da Coruña contratou o estudo da análise do ciclo de vida do proxecto de ampliación do peirao Langosteira A2-A3 e mellora de calado nas novas instalacións portuarias de Punta Langosteira, que serviu de base para a redacción da DAP.
O ACV realizado ten como alcance “do berce á porta con opcións”; isto significa que se estudou a etapa do produto e a etapa do proceso de construción, pero non se estudaron as fases de uso nin de fin de vida.
Os seus principais resultados foron:
Parámetro | Unidad | Etapa de produto A1-A3 | Etapa de construción A4-A5 | |
Potencial de quecemento global, GWP | kg CO2equiv | 14.823.568,64 | 66.763,56 | 6.327.345,27 |
Potencial de acidificación de terra e auga | kg CO2equiv | 1,16 | 1,24E-02 | 1,25 |
Potencial de eutrofización, EP | kg CO2equiv | 48.870,05 | 491,11 | 22.811,80 |
Potencial de formación de oxidantes fotoquímicos do ozono troposférico | kg COkg etileno equiv | 9.257,93 | 60,59 | 4.241,44 |
Potencial de esgotamento dos recursos abióticos para elementos | kg Sb equiv | 2.139,47 | 6,79 | 1.036,38 |
Potencial de esgotamento de recursos para combustibles fósiles | MJ | 30,21 | 3,31E-04 | 1,96E-01 |
Potencial de esgotamento da capa de ozono estratosférico, ODP | kg CFC 11 equiv | 100.362.679,06 | 958.718,18 | 99.638.980,16 |