PROGRAMA DE VISITAS ESCOLARES

¡RETOMAMOS NOVAMENTE O PROGRAMA DE VISITAS ESCOLARES PARA O CURSO 22-23.

ANIMÁMOSVOS A COÑECER O PORTO DA CORUÑA, UN PORTO ABERTO A TODOS!

Ven a coñecer o Porto de A Coruña

A Autoridade Portuaria de A Coruña, co fin de facilitar a vinculación da ciudad co seu porto, ofrece aos escolares a posibilidade de realizar visitas didácticas as súas instalacións para que coñezan as labores e traballos que se realizan no Porto Interior e a importancia destas actividades portuarias para o desenvolvemento, tanto social como económico, da cidade.

Desenvolvemento da visita

As visitas, que son gratuitas e previa reserva, están guiadas polo persoal especializado e diríxense a escolares de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Ciclos FP, Bacherelato e outros Realízanse en horario de mañá e teñen unha duración de 45 minutos para os alumnos de Infantil e de 90 minutos para o resto. As visitas realizaranse en autobús e só se admitirá un autobús por visita, independentemente do número de prazas do mesmo. A xestión do autobús levarase a cabo polo propio centro escolar. En ningún caso se admitirán visitas que non veñan en autobús.

 

Na visita, os escolares recorren as diversas zonas do Porto Interior de A Coruña, como o Peirao de Trasatlánticos, o Peirao de Linares Rivas e a Lonxa, onde se baixan do autobús e percorren a pe o interior, visitando o Centro de coordinación e seguidade do porto, unha sala onde fan unha actividade didáctica de simulación dunha poxa e por último, unha visita ós almacéns de exportadores e ás salas de poxa da lonxa.

 

Durante o percorrido, aprenden conceptos básicos relativos ao funcionamiento dun porto, como o tipo de tráfico e embarcacións que recibe, a historia do porto e a súa contribución ao crecemento da cidade e a responsabilidade que asume ante os impactos que súa actividade ocasiona no entorno.

 

No caso de que se queira visitar o Porto Exterior de A Coruña, unicamente para alumnos de Bacharelato e Ciclos de Formación Profesional, agradecémoslle que se poña en contacto a través deste correo electrónico visitasescolares@puertocoruna.com, indicando nome do centro, data solicitada e nº de alumno/as.
Estas visitas realizaranse entre os meses de abril e outubro.

 

Material didáctico

Para facilitar aos docentes a preparación da visita, o seu traballo posterior nas aulas, a Autoridade Portuaria pon a súa disposición material didáctico adaptado aos diferentes niveis educativos, así como unha guía educativa que explica detalladamente o contido e obxectivos da visita:

 

 

Punto de encontro

A duración das visitas é de 45 minutos para os alumnos de Infantil e de 90 minutos para o resto. As visitas comezan ás 10:30 horas no punto de encontro, situado no aparcamento do Edificio de Servicios Múltiples da Autoridade Portuaria ubicado no peirao de San Diego, na rotonda tras pasar o control de accesos do porto interior.
 

Punto de encontro