Ónde estamos

A Autoridade Portuaria da Coruña xestiona e administra o correcto funcionamento de dous recintos portuarios: o porto interior no Concello da Coruña, situado na posición N 43º 21' de latitude e W 8º 23' de lonxitude e as novas instalacións portuarias do porto exterior, situadas no veciño Concello de Arteixo, situado na posición N 43º 21' de latitude e 8º 31' W de lonxitude.

Ambos os portos forman parte do sistema portuario de interese xeral no ámbito estatal español e contan cunha situación xeográfica privilexiada na conexión das principais rutas de tráfico marítimo internacional entre o norte de Europa e o Mediterráneo e África e entre Europa Occidental e América.

 

Ambos Puertos
Dársena Interior Dársena Exterior