Novas Instalacións Portuarias de Punta Langosteira

O Proxecto de Novas Instalacións Portuarias en Punta Langosteira, impulsado pola Autoridade Portuaria da Coruña, é na actualidade unha das obras en execución máis importantes tanto pola importancia e complexidade das obras, como da súa incidencia para a Comunidade Autónoma Galega.

 

Por outra banda, tamén se acometerá unha importante recuperación da fachada portuaria actual, con novos usos para a cidadanía, nunha das operacións de recuperación de fronte de fachada marítima de gran impacto, incidindo de forma notable nas relacións Porto - Cidade.

 

O proxecto está cofinanciado con Fondos de Cohesión da Unión Europea cunha axuda de 257.539.720 €, correspondente ao Programa operativo 2000-2006, para a Fase I; e unha axuda de 9.969.406 €, correspondente ao Programa operativo 2007-2013, para a Fase II.

 

Panorámica do Porto Exterior do Coruña
Panorámica do Porto Exterior do Coruña

Igualmente para acometer o financiamento da devandita obra, subscribiuse un contrato de préstamo co Banco Europeo de Investimentos por importe de 130 millóns de euros.

 

Dada a transcendencia deste proxecto en todos os ámbitos, tanto da execución das propias obras en Punta Langosteira como no proceso de recuperación de espazos portuarios para novos usos na actual fachada portuaria, e con obxecto de ter entre as liñas estratéxicas de xestión a transparencia informativa, a Autoridade Portuaria da Coruña crea esta sección específica no seu portal web, como oficina de información do desenvolvemento do proxecto en todas as súas facetas.

 

Entre as principais cuestións que poden atoparse nesta oficinia podemos destacar:

 

  1. Información relativa ao desenvolvemento e execución do proxecto.
  2. Información correspondente ao desenvolvemento do proceso de transformación de parte dos actuais espazos de uso exclusivo portuario a novos usos cidadáns, informando dos principais fitos que se vaian sucedendo.
  3. Sección de Hemeroteca, tanto de noticias que se xeran ao longo da xestión do proxecto e o seu impacto en medios como inclusión de imaxes das distintas fases das obras.
  4. Zona de contactos

 

É desexo desta Autoridade Portuaria que a presente sección de información do proxecto que se pon a disposición do público en xeral, sexa do seu agrado e interese para un mellor coñecemento do público en xeral do avance deste proxecto de tanta repercusión para Coruña, a súa área de influencia, Galicia, e en xeral para o Estado Español e a Unión Europea.