O Porto Interior da Coruña

O Porto da Coruña ten diversificado os seus tráficos comerciais nos últimos anos, respondendo á demanda do mercado, cunha oferta comercial que permite prestar servizo a diferentes tráficos:

  • O tráfico de graneis líquidos representa en torno ao 56% do tráfico portuario; de aí a especialización do porto da Coruña no movemento de tráficos enerxéticos. A terminal petroleira conta con 4 pantaláns con calados entre 11 e 16 metros e instalacións adecuadas para a carga e descarga de produtos petrolíferos e bioetanol.
  • Os graneis sólidos máis importantes que se moven polo porto interior da Coruña son produtos agroalimentarios, seguidos do cuarzo. Representan ao redor do 33% do tráfico total e son cargas que se moven polo Peirao Centenario e San Diego.
  • Os produtos siderúrxicos, madeiras e os seus derivados, xunto ao resto da mercadoría xeral convencional representan un 11% do tráfico total. Estes tráficos manipúlanse nos peiraos de San Diego e Calvo Sotelo e, en ocasións, no peirao Centenario e peirao do Leste.

Como servizos complementarios, o porto interior conta cun Punto de Inspección Fronteiriza con 5 bocas para inspección de camións, cámaras secas e refrixeradas, salas de inspección e locais para o almacenamento de mostras. A xestión áxil e eficiente das inspeccións asegura un tránsito rápido das mercadorías polo porto.

 

Depósito Franco, no peirao de San Diego, contan cunha superficie total 4.069 m2, dividida en 3 naves comunicadas interiormente; unha das cales dispón de cámaras de conxelación cunha capacidade de almacenamento de 3.810 m3.

 
As oportunidades de negocio detectadas no ámbito da internacionalización e comercio exterior poden atopar no Depósito Franco un espazo idóneo para o almacenamento de mercadorías de importación ou cargas destinadas á exportación.

 

No porto da Coruña opera a primeira Lonxa concesionada de España, sendo o primeiro porto español en descargas de pesca fresca, con máis de 40.000 toneladas anuais, representando un valor de venda superior aos 90 millóns de euros.

 

O tráfico de cruceiros creceu significativamente nos últimos anos, tanto en número de escalas como de pasaxeiros. O peirao de transatlánticos, dedicado en exclusiva a este tráfico e os peiraos comerciais, nos días de coincidencia de buques, deron cabida a triplos e mesmo cuádruplas escalas. A terminal de pasaxeiros, operativa desde o ano 2011, permitiu realizar operacións de embarque e desembarque, ademais das habituais escalas de tránsito.

 

O número de prazas dispoñibles para o amarre de embarcacións deportivas supera as 1.500, que son xestionadas por diferentes operadores situados nas Dársenas da Mariña, San Antón, as Ánimas e Oza.

 

Vista aérea
Vista aérea

Vistas do Porto Interior

Embarcacións deportivas
Embarcacións deportivas
Trasatlánticos
Trasatlánticos
Poxa na lonxa
Poxa na lonxa