Green Port

A Coruña Green Port

A Autoridade Portuaria encamíñase a dar un importante paso na estratexia de transformación da súa actividade para a transición ecolóxica co Proxecto “A Coruña Green Port”, que ten entre os seus obxectivos servir como catalizador da innovación enerxética do sector industrial da súa contorna, mediante o uso de enerxías renovables e con cero emisións á atmosfera, e a creación dun polo industrial enerxético e mariño.

 

A estratexia do porto exterior da Coruña atópase plenamente aliñada cos obxectivos de desenvolvemento sostible de Nacións Unidas, fundamentalmente na parte correspondente á acción polo clima, contribuíndo decididamente á descarbonización e fomentando a redución da pegada de carbono, mediante a implantación de actividades loxísticas e industriais máis sostible.

 

O proxecto “A Coruña Green Port” xira en base ás seguintes liñas estratéxicas:

  • A cadea de valor dp hidróxeno verde, e a súa integración na actividade industrial petroquímica e loxística.
  • Dixitalización e modernización das empresas ubicadas no porto.
  • Desenveolvemento de enerxías renovables eólicas mariñas e desenvolvemento de  hubs de coñecemento.
  • Almacenamento de enerxía e electrificación do porto.
  • Transformación industrial e produción de biocombustibles, como substitutos dos combustibles tradicionais.

 

 

Todos estes proxectos terán un gran impacto na xeración de emprego, así como na redución de emisións de CO2, estando prevista unha redución de polo menos 800 mil toneladas ao ano. O proxecto contribuirá tamén a impulsar a transición ecolóxica das industrias da nosa contorna.

 

Nos últimos meses asistimos a importantes avances no porto exterior da Coruña. A empresa Inditex solicitou unha concesión para a instalación de 3 aeroxeradores, que fornecerán a electricidade necesaria para o funcionamento das súas instalacións en Sabón, así como para o propio autoconsumo do porto.

 

A este investimento súmase o proxecto presentado pola empresa Enerfín, do grupo Elecnor, que solicitou unha concesión para a produción e distribución de hidróxeno verde no porto exterior e que será utilizado para a mobilidade no transporte.

 

Recentemente, outras empresas mostraron o seu interese en novos desenvolvementos no porto exterior e a Autoridade Portuaria está a traballar e analizando outros proxectos para a xeración de enerxías renovables e iniciativas que posicionen as instalacións de punta Langosteira como porto de apoio á industria eólica offshore de exportación.

 

Todo iso enmárcase dentro desta filosofía e estes proxectos contribuirán a conformar o gran porto do século XXI. Un gran hub de descarbonización, industrial e loxístico.

 

Liñas estratéxicas Green Port
Liñas estratéxicas Green Port